₵ⱧØ₵ØⱠ₳₮Ɇ

Fixemos a nosa primeira saída do centro con motivo do día do libro. Non chegamos moi lonxe, sin embargo pasámolo de  luxo. As propostas do noso concello sempre están á altura das circunstancias. Grandes contacontas e inmellorable obradoiro de chocolate enfocado aos hábitos saudables na alimentación no que as froitas foron uns dos pilares. Aproveitamos tamén a facernos unhas fotiños na casa das pedriñas e desfrutar da nosa merendola no parque. Foi unha mañá chea de sorpresas, sobre todo polo postre que nos trouxemos. 🍫🍬🍢🍓

«Xa vos imaxinades de que vai o conto, non?»

Comentarios

Publicacións populares