ꂦ ꎭꍏꁅꂦꌗ꓄ꂦ

O pasado xoves celebramos o Magosto no noso cole da Veiga e aproveitamos a ocasión para mostralo noso apoio na loita contra a violencia de xénero. Foi un día de grandes logros e divertimentos, o noso cociñeiro Oscar foi quen de fornear 4 empanadas caseiras (de setas e polo) e unhas cuantas tiradas de bullotes nunha mañá de infarto. Postres de temporada feitos polas familias, un obradoiro de camisolas personalizadas, unha entrevista para a RAV e un circuito de xogos capitaneado pola nosa especialista en E.F. A equipa gañadora levou un bo premio e o recoñecemento de todo un cole.🌬🌰🍁🍂

Comentarios

Publicacións populares