Dende Rusia con amor

O mércores 16 de xaneiro veu a visitarnos Rosana, unha veciña da Veiga que leva viaxando moitos anos polo mundo adiante. Dende hai 10 anos reside en San Petersburgo (Rusia) e quixo vir ao colexio a contarnos cousiñas doutro país, outra cultura... en fin, outras formas de ver a vida.

Foi unha actividade moi interesante e aprendemos moitas cousas novas. Ata nos puxo o noso nome en ruso!! Moitas grazas pola túa historia, Rosana!












Comentarios

Publicacións populares