MAGOSTO 2020

E como non.... o magosto. Bullotes... bolos preñados.... e que se nos cae a baba solo de recordalo. Fagamos un pequeno recordatorio de todo o que fixemos: 

Obradoiro de diademas cun toque do outono, creación e diseño dos nosos propios cestiños de bullotes, creación do noso propio Photocall para facilitar as sesións de fotos adecuándonos ao protocolo e mesmo xogos tradicionais que xiraron en todo momento entorno á castaña, a nosa gran protagonista da semana. 

Ademáis puidemos disfrutar dun contacontos por videoconferencia da man de Celtia Figueiras no que nos mostrou un xeito diferente de contar as súas historias. "Ula lúa?" é o título desta apaixoante historia con monicreques incluídos. 

En fín, unha xoranda moi productiva na que puidemos disfrutar da transversalidade da educación recollendo elementos naturais da nosa contorna para os nosos obradoiros e na que mezclamos, creatividade, natureza, educación alimentaria, convivencia, valores, proxecto lector, exercicio físico, música e novas tecnoloxías. 
































































Comentarios

Publicacións populares