COVIDFEST 2020

Rematamos posiblemente o trimestre máis complicado das nosas vidas pero non sin antes levarnos recordas bonitos para o Nadal. 
As barreiras protocolarias non impediron que o alumnado disfrutase dun proceso tan emocionante coma son os festivais. Levamos anos pensando na posibilidade de buscar outras maneiras de festexar o Nadal sen recurrir aos xa tan recurrentes festivais. Hoxe podemos dicir que desfrutamos doutra maneira de pechar o trimestre. 

A visita das familias e o directo dun acto foi trocado nesta ocasión polos nervios dunha gravación en directo que durou tres días, coma se de un programa de televisión se tratase. O son nas dúas cintas é en directo e gravado con micros ambiente, xa que pretendíamos en todo momento trasladar ás familias a realidade dun intre. Houbo nervios e a necesidade de esforzarse no resultado final. Tamén surxiu a necesidade de aceptar os erros persoais e centrarse máis no ben grupal. 
Estes dous vídeos representan a programación de dous días cheos de pequenas actuacións, obradoiros, contacontos, sorpresas e manualidades que comezaron un día 21 de decembro e remataron ao día seguínte. Un percorrido por distintas estacións nas que, cada aula, propoñía unha ou varias escenografías e o resto do centro participaba como público esixente. O feedback foi espectacular e, a decir verdade, foi un dos directos máis orgánicos e naturais que puidemos ver. Esixiunos concentración e organización tanto nos cambios de escena coma no transcurso das gravacións.

Un grupo de nenos e nenas sumamente profesionais que deron exemplo coa súa determinación e iniciativa.

Bravo!!!

Bo Nadal a todxs.

ENLACES

Comentarios

Publicacións populares