BANCO DE ALIMENTOS

Sempre surxen iniciativas solidarias e este caso non iba a ser menos. A ANPA tivo esta marabillosa iniciativa nun momento tan complicado coma este. Conseguir organizar algo así en tempos de coronavirus non é doado. A través do centro puidemos habilitar unha zona na que primeiramente permaneceron en corentena estes alimentos para máis adiante transportalos e facelos chegar ás familias máis vulnerables. 

Dentro desta iniciativa surxiron ideas moi creativas coma "os petos solidarios" que o alumnado da Veiga fixeron con cariño e ilusión a través das sesións de Educación Artística. 




Comentarios

Publicacións populares